A Xunta establece os servizos mínimos para a folga xeral na Mariña

O paro terá lugar este 17 de novembro a partir das 00,00 horas e finalizará ás 24,00 horas, con varias excepcións, entre elas que nas empresas, administracións e organismos que teñan varias quendas de traballo, o inicio da folga efectuásese na primeira quenda, aínda que comece antes das 00,00 horas do día 17.


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes os servizos mínimos que establece a Xunta en relación coa folga xeral convocada este mércores na comarca luguesa da Mariña. CIG, CCOO e UGT comunicaron a convocatoria de folga xeral que afectará a todas as actividades desempeñadas polo persoal de empresas privadas e do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral no ámbito territorial desta comarca.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here