InicioEconomíaA Xunta cualifica agora de "saída en falso" parar a produción en...

A Xunta cualifica agora de “saída en falso” parar a produción en Alcoa

O vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, di que o goberno galego apoiará o que decidan os traballadores.

Publicada o

- Advertisement -

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, advertiu de que parar a produción de aluminio na fábrica de San Cibrao (Cervo) durante dous anos é “unha saída en falso ao conflito”, pero precisou que o Goberno galego apoiará o que decida o persoal, “independentemente do resultado”.

E é que este martes os traballadores de Alcoa na Mariña están chamados a pronunciarse en referendo durante todo o día sobre a proposta que traslada a multinacional, que supón un cesamento temporal da produción co compromiso de non acometer ningún expediente de regulación de emprego.

A preguntas dos xornalistas coincidindo cunha reunión sobre o sector naval en Santiago, Conde garantiu “o apoio da Xunta” ao persoal “independentemente do resultado” da votación, pois Goberno e traballadores teñen “un obxectivo compartido”, que é “o mantemento dos empregos e da produción”.

“Imos ter unha resposta de apoio a ese resultado”, comprometeu, antes de achacar a actual situación á “confrontación entre Alcoa e o Goberno –central–“, pois é o que, na súa opinión, “está a levar a que a solución pase por deixar de producir aluminio primario en España, e iso non é unha boa noticia”.

“Se se deixa de producir aluminio primario en Galicia teriamos unha solución en falso e por tanto non dariamos esa resposta aos traballadores”, incidiu.

Neste sentido, apelou a que haxa “unha resposta por parte de Alcoa e do Goberno”, pois “se hai unha solución no horizonte de 2024, poderíase adiantar” se ambos “deixan esa confrontación e pasan a establecer unha negociación buscando un acordo”.

“É posible garantir un prezo competitivo nestes momentos (…) é posible adiantar sobre as datas que se están trasladando. A solución de parar a produción non é unha solución, é unha saída en falso. E temos antecedentes no caso de Alu Ibérica e esperamos que non se volva a producir unha situación similar”, concluíu Francisco Conde.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...