Comeza a parada das cubas en Alcoa logo do acordo entre a compañía e o comité de empresa

Os traballadores están á espera de que se convoque por parte do Ministerio de Industria unha nova reunión de seguimento, co fin de que se informe do plan de formación para os traballadores que levará a cabo tras a parada da planta.

ECONOMIA Carlos Castro - Europa Press

O presidente do comité de empresa da planta de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, informou de que a compañía concluíu a parada da primeira serie de cubas da fábrica, o que supón 256 do total de 512.

José Antonio Zan explica que este proceso de parada, que comezou o pasado 1 de xaneiro, completarase en tres semanas desde o seu inicio, polo que a próxima semana estará terminado entre os días 20 e 21 de xaneiro. Así, as cubas de electrolise  “van parando aos poucos, unhas 24 por día”.

Esta situación prodúcese tras o acordo entre Alcoa e o comité de empresa da fábrica de Cervo, segundo o cal a planta de aluminio deixará de producir durante dous anos –con rearranque de cubas a partir de 2024–, mentres a multinacional se compromete a non acometer ningún despedimento colectivo.

Agora, os traballadores están á espera de que se convoque por parte do Ministerio de Industria unha nova reunión de seguimento, co fin de que se informe do plan de formación para os traballadores que levará a cabo tras a parada da planta, así como do “cronograma” para o investimento comprometido de Alcoa de 103 millóns de dólares (máis de 90 millóns de euros ao cambio). Un encontro que piden que se produza antes da parada de todas as cubas. Respecto diso, Zan indica que ese fondo para investimentos está “moi avanzado”, á vez que os traballadores e

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here