InicioEconomíaACISA Ribadeo queda cun bo sabor de boca coas festas de Nadal...

ACISA Ribadeo queda cun bo sabor de boca coas festas de Nadal e anima a acudir ás rebaixas de inverno

O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte sinala que "traballamos xa para animar cun plus de motivación as compras durante este período de rebaixas".

Publicada o

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinala que “a campaña de Nadal foi boa en termos xerais.  O primeiro parámetro, que como entidade temos para valoralo, son as rifas da festa do comercio, 200.000 repartidas, que aínda que non se establecía compra mínima para entregalas, as estimacións apuntan a que de media unha rifa pode equivaler a un consumo de 30 euros, por tanto estariamos a falar que polo menos a campaña de nadal puido mover en todo o empresariado asociado a Acisa durante algo máis do mes que durou uns 6 millóns de euros, que sumados ao resto do ano, podemos dicir que as accións de Acisa neste 2021 xeraron ao redor de 12 millóns de euros”.
E engade: “como todo Nadal os sectores punteiros foron as xogueterías, librerías, moda especialmente infantil, complementos, informática e tendas deportivas. Menos punteiros, pero relevantes moda home e muller, xoiería e electrodomésticos. E os que máis sufriron, especialmente derivado das restricións de fin de ano especialmente, o lecer nocturno, a restauración e as tendas especializadas en artigos de festa”.
Pérez Prada destaca “a gran responsabilidade que tivo durante estas datas do Nadal e que segue tendo, a hostalería de Ribadeo. Algúns establecementos víronse afectados por contaxios ou por ser contactos estreitos do persoal, e sen que ninguén llo indicase (nin autoridades sanitarias nin protocolos covid) decidiron pechar por responsabilidade. Sen dúbida, creo que é unha mostra máis de que a hostalería de Ribadeo é segura e responsable, sendo capaz de auto impoñerse medidas moito máis estritas que as establecidas por Sanidade e iso hai que poñelo en valor”.
Pola súa banda o presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, indica: “queremos lembrar aos veciños e veciñas de Ribadeo e da comarca, en definitiva aos nosos clientes, que hai poucos sitios mellores para gozar das rebaixas. Detectamos un inicio máis comedido do normal neste arranque de 2022 e desde Acisa queremos lembrar que o comercio de Ribadeo en rebaixas ofrece produtos dunha grandísima calidade con grandes descontos e ofertas, sen necesidade de acudir a grandes áreas ou plataformas. En calquera caso, desde Acisa traballamos xa para animar cun plus de motivación as compras durante este período, que en poucos días esperamos poder presentar”.
CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE SOCIOS
Iriarte Quintana engade que “co inicio do ano queremos poñer en marcha unha nova campa de captación de socios, que consistirá en dirixirse a todo o empresariado ribadense a través dos medios de comunicación e das redes sociais, visitas a negocios, chamadas telefónicas. Vimos dun ano certamente complicado e queremos recuperar a algúns socios que tiveron que deixarnos para reducir custos, queremos atraer aos novos negocios abertos e mesmo aos que algún día fóronse descontentos e quizais despois dun tempo poidan querer volver. A xerencia e a directiva traballaremos intensamente neste obxectivo, pero pedimos a colaboración dos actuais socios e socias, que son os que mellor poden contar cales son as vantaxes de pertencer a Acisa Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...