InicioEconomíaACISA Ribadeo emprende unha nova campaña para a captación de socios

ACISA Ribadeo emprende unha nova campaña para a captación de socios

Mediante unha carta do presidente de ACISA, Francisco Iriarte, anima aos empresarios a formar parte da Asociación. O obxectivo é contar co número de socios e socias previas á pandemia.

Publicada o

- Advertisement -

Acisa Ribadeo acaba de lanzar unha nova campaña de captación de socios, que ten como obxectivo recuperar a cifra previa á pandemia. Desde o colectivo están a enviar mails e cartas do presidente, Francisco Iriarte, ao empresariado ribadense, que tamén se está difundindo a través das redes sociais da asociación e dos medios de comunicación. A carta anima ás empresas non asociadas a coñecer Acisa e infórmalles das vantaxes e beneficios que terán ao converterse en socios e socias.

Na carta Francisco Iriarte diríxese ao empresario así:

Estimado comerciante, hostaleiro, industrial, autónomo

Escribo estas liñas como presidente de Acisa Ribadeo co firme propósito de que se una ao noso colectivo, que traballa para dinamizar e potenciar a actividade económica de Ribadeo e para que esta repercute en vostede.

Para non facer extensa esta carta anímolle a que visite a web de Acisa https://www.acisaribadeo.es/hazte-socio/ no apartado ASÓCIATE, no que atopará un resumo dos múltiples beneficios que ten ser membro de Acisa.

Como poderá ver no dossier realizamos campañas de diferente índole para dinamizar o comercio e a hostalería ribadense: Nadal, Festa Comercio, Días do Pai e da Nai, San Valentín, Xornadas gastronómicas ou tapeos.

Tamén periodicamente entregamos materiais gratuítos para socios como papel de agasallo, bolsas, etiquetas, ademais do material, que obriga a lei, como follas de reclamacións, carteis oficiais cos que aforrarán custos. Temos asinados varios convenios de colaboración beneficiosos con diferentes entidades, que lles axudarán tamén a aforrar.

Desde Acisa colaboramos con todas aquelas actividades organizadas por outros colectivos que consideramos que poden atraer visitantes e por tanto potenciais clientes, como os torneos deportivos e outros moitos eventos.

Cremos esencial tamén a promoción e publicidade dos socios, por iso anualmente editamos rueiros coa listaxe de establecementos asociados, tamén renovamos a inflormación turística e comercial cos códigos QR, ofrecemos a posibilidade de promocionarse nas nosas redes sociais como Facebook, onde temos máis de 1,5 millóns de visitas, a través do menú ou escaparate dixital, a nosa páxina web con máis de 10.000 visitas, a nosa app…

Periodicamente damos charlas ou cursos para asociados de diferentes temáticas, laboral, legal, de informática, redes sociais e prevención. Mantemos permanentemente informados os nosos socios e socias de asuntos como subvencións, axudas, programas, campañas, cambios normativos.

Cuantos máis sexamos, máis poderemos conseguir para Ribadeo e por tanto para as súas empresas, como foi o pasado ano a ampliación das terrazas, a exención de impostos, a realización de campañas por outras entidades, etc. Somos 160, cantos máis sexamos, máis presión podemos facer e así conseguir novos beneficios.

As empresas interesadas en obterner máis información poden escribir a info@acisaribadeo.es ou chamar ou escribir ao 663 39 62 26. Atenderémolo moi gustosamente e sen compromiso, non dubide en preguntar, ser socio de Acisa sempre ten beneficios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...