María Loureiro ve “un engano moi grave por parte da Xunta e do PP” a decisión final de Altri

“O presidente da Xunta deu a entender que Altri instalaríase na Mariña, incluso houbo unha declaración institucional no Parlamento”, lembra Loureiro, que lamenta “a oportunidade perdida”.

María Loureiro, alcaldesa de Viveiro. AXM

A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, considera que a decisión final de Altri de non instalarse na Mariña “é unha decepción e un engano moi grave por parte da Xunta e do PP”.

“O presidente da Xunta deu a entender que Altri instalaríase na Mariña, incluso houbo unha declaración institucional no Parlamento”, lembra Loureiro, que lamenta “a oportunidade perdida”.

“Despois do peche de Vestas e a situación en Alcoa, Altri era un motivo de esperanza, alentado ademais desde a Xunta; desde a Mancomunidade da Mariña demandamos varias reunións sobre este tema con Alberto Núñez Feijóo e o conselleiro de Industria, pero nunca nos atenderon”, explica.

“Non se pode xogar así coa xente, prometendo cousas nunha comarca tan castigada no sector industrial como A Mariña, Altri era unha oportunidade que tiñamos por todo o que sufrimos”, remata.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here