O BNG da Mariña acusa ao PP de traizoar a toda a comarca tras a decisión de Altri de instalarse en Palas de Reis

Daniel Castro, do BNG, na súa intervención. AXM

O BNG da Mariña sinala nun comunicado que “as mentiras e as falsas promesas teñen percorridos curtos e así o vén de demostrar o PP na súa enésima traizón á comarca da Mariña”. Nese sentido, os nacionalistas da comarca ven que o acordo parlamentario que propuxera hai poucos meses e que contou coa unanimidade de todos os grupos para que a planta de fibras textís de Altri se instalara na Mariña “quedou en papel mollado”.

O BNG comarcal engade que “no día de hoxe a traizón consumouse e a comarca segue camiño de converterse nun deserto industrial porque agora xa non son só os 1000 postos de traballo directos que se perderon desde que Feijóo acadara o goberno da Xunta“. Para o Bloque “agora ademáis diso o PP péchalle a porta a novos investimentos para a comarca, e nin mais nin menos que a 1500 postos de traballo”.

O PP CONVERTE A MARIÑA NUN DESERTO INDUSTRIAL

Constátase tamén que a Xunta e o PP non teñen política industrial e están simplemente ao servizo dos intereses das grandes empresas e oligopolios que fan o que queren neste país, sen planificación ningunha”, remarca o deputado nacionalista mariñao Daniel Castro.

Castro engadiu que na última década o BNG propuxo a elaboración de Plans de Emprego e de Industrialización para a comarca “e que o PP tirou abaixo, pero que seguen sendo necesarios, agora mais ca nunca e o BNG vai seguir traballando xunto coa sociedade mariñá e os axentes sociais para conseguilos”.

Por outraparte, Castro tamén engadiu que “despois de confirmar que a Mariña non está nos plans do PP queda claro que este partido non pode estar nunca tampouco nos plans das mariñás e mariñaos”.

O responsable comarcal do BNG, Antonio Veiga referíuse tamén ao estado da economía da comarca “co regueiro de desempregados e empresas pechadas que queda na Mariña despois de 13 anos do PP no goberno da Xunta“. Veiga lamentou ademais que “os “albaceas testamentarios” de Feijóo, en referencia a Alfonso Rueda e Elena Candia, “vaian estrear os seus cargos colaborando na traizón á Mariña”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here