O BNG reclama que o presidente da Xunta e o Delegado do Goberno se reúnan cos concellos da Mariña

O BNG tamén reclama que nesa reunión estea presente a plataforma "Futuro para A Mariña" e que aborden temas como industria e infraestruturas.


O BNG da Mariña denuncia a “situación na industria e no emprego na Mariña sigue sendo crítica”. Denuncian nun comunicado as promesas “incumpridas” como foi o caso de Altri,  tamén a destrucción de emprego na comarca durante os últimos dez anos “acentuada co recente peche de Vestas e a incerteza sobre o futuro de Alcoa”. Para os nacionalistas esta é “a lousa que oprime a unha comarca referente industrial durante moitas décadas”. Acusan ao goberno do PP na Xunta de que desde 2009 a comarca perdeu 1.000 empregos derivados dos numerosos Ertes e peches de empresas emblemáticas da comarca.

A situación da Mariña está agrabada pola “ausencia de políticas industriais da Xunta que palíe esta situación”. O BNG tamén denuncia o “déficit histórico de infraestruturas da Xunta e do Estado” que vertebren a comarca. A necesidade de infraestruturas colocaría a comarca  en posición de igualdade “con outros territorios agravan ainda mais a posibilidade de desenvolvemento da zona”.

INFRAESTRUTURAS VITAIS

Un exemplo da ausencia de infraestruturas de transporte terrestre é non terse materializado a autovía A-74 entre Barreiros e San Cibrao. Acusan tanto a PP como PSOE de non realizar ningún traballo “despois de décadas de promesas, só 8 km da VAP Costa Norte San Cibrao-Ferrol”. Por outra parte, tamén sinalan “a falta de intención de proceder ao rescate da concesión do Dique Norte para construir o porto comercial que tanto necesita A Mariña”. Xunto a isto consideran imprescindible a creación dunha “Autoridade Portuaria de San Cibrao, segregándoa de Ferrol, que é quen leva prácticamente todos os ingresos que xera A Mariña”.

“Despois do acontecido con Altri, A Mariña non pode permitirse repetir a historia cando haxa outro proxecto industrial en xogo e non se poda desenvolver aquí por non ter as infraesruturas axeitadas” manifestou o responsable comarcal do BNG Antonio Veiga, que tamén afirmou que “hai que ter en conta que ao final as decisións empresariais veñen determinadas polas circunstancias do territorio, que son as verdadeiras decisións politicas, ou cando menos, condicionantes das decisións políticas e empresariais”.

MANIFESTO “FUTURO PARA A MARIÑA”

Finalmente, o BNG considera necesario que o Goberno central e a Xunta se reúnan o antes posible cos gobernos municipais de cada concello da comarca e cos axentes sociais e sindicais. O Bloque reclama esta reunión co lema “Futuro para A Mariña”. Dito lema foi o usando na concentración en Burela o 17 de novembro de 2021 a “manifestación mais grande celebrada na comarca á que asistiron tamén os representantes políticos de Psoe e PP”. Os nacionalistas reclaman que tanto socialistas como populares “deixen de tirárense os trastos á cabeza buscando culpables en lugar de buscar solucións, e cumplindo dunha vez coa comarca que teñen abandonada”.

Esta proposta está a presentala o BNG en todos os concellos da comarca, e no día de hoxe foi aprobada no pleno de Viveiro a instancias da portavoz nacionalista Miriam Bermúdez.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here