Música para iniciar o verán en Castropol

Esta fin de semamana terá lugar o concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música.

Praza de López Acevedo, en Castropol / Castropol

Castropol inicia o verán cun concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música. Será este sábado 19 de Xuño ás 18:00 horas na Praza López Acevedo.

O concerto será a cargo do alumnado da Escola Municipal de música de Castropol, un concerto que o ano pasado non se puido celebrar debido á pandemia. Para que non se produzan grandes aglomeracións e se poida cumprir coa distancia social nesta ocasión vaise a realizar na praza López Acevedo de Figueras. Contará coa colaboración do Coro de Figueras e Harmonía de Tol.  En caso de choiva trasladarase ao patio do colexio.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here