InicioO Concello de Castropol habilita o rexistro para a obtención do Certificado...

O Concello de Castropol habilita o rexistro para a obtención do Certificado Dixital

Para realizar o procedemento, as persoas interesadas deberán achegarse ao Departamento de Informática do Concello.

Publicada o

O  Concello de Castropol será oficina rexistradora onde calquera persoa pode acreditar a súa identidade no proceso de obtención do Certificado Dixital sen ter que desprazarse fóra da localidade. Para realizar o procedemento, as persoas interesadas deberán achegarse ao Departamento de Informática do Concello.
Para iso deberán presentarse co seu Documento Nacional de Identidade tras solicitar o certificado dixital nos seus computadores persoais. Para as persoas que necesiten axuda con todo o trámite deben reservar cita no CDTL de Castropol e desde o Concello axudaránlles a solicitalo e a descargar o certificado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...