Ribadeo informa este martes sobre as axudas para repoboar con frondosas

O Concello habilitará unha partida de 6.500 euros para axudar aos veciños que cumpriron coa Lei de incendios

Cerdeira. AXM

O Concello de Ribadeo informará este martes á veciñanza sobre as faixas de protección fronte aos incendios forestais e das axudas que concederá o goberno local para repoboar con frondosas.

O encontro será na casa do mar, a partir das 20.30 horas. Impartirán a charla persoal técnico do distrito forestal da Mariña e o especialista de medio ambiente do Concello. Os relatores resolverán as preguntas que queiran facer os veciños.

“Queremos tamén dar explicación da iniciativa que queremos levar adiante desde o Concello de Ribadeo, que é o feito de recoñecer o esforzo de adaptación dos que foron facendo caso ao longo destes meses e cortando as árbores pirófitas, botando unha man coa repoboación deses espazos”, expón o alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia.

CONVIDA A PARTICIPAR

As subvencións contarán cunha partida de 6.500 euros. Coa repoboación “evitarase que estas especies volvan retoñar ao ano seguinte e os donos teñan que facer tarefas de limpeza”, indica o rexedor, que convida a participar “a veciños e especialmente aos propietarios dos montes”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here