O estado do mosteiro de San Salvador preocupa en Lourenzá

A alcaldesa abordou o deterioro do monumento nunha reunión coa subdelegada do Goberno

López e Rodríguez, na súa xuntanza. AXM

A alcaldesa de Lourenzá, a socialista Rocío López, mostrou a súa preocupación polo deterioro do Mosteiro de San Salvador nun encontro coa subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.

O monumento, que data do século XI e está considerado Ben de Interese Cultural (BIC) desde 1974, é propiedade do Bispado e consta de dúas partes en diferente estado de conservación. A que fora casa abacial acolle hoxe o consistorio ou a biblioteca municipal, non padece problemas graves.

Con todo, a parte conventual presenta un estado deficiente. No 2012 caeu unha parte da cuberta da á norte, na zona pechada e que carecía de mantemento. Cristais, ventás e portas atópanse deterioradas. Tamén se derrubou parte da á sureste, co conseguinte corte da rúa Muíño dos Frades.

TRABADA

A subdelegada do Goberno tamén viaxou a Trabada, onde se reuniu coa alcaldesa, a tamén socialista Mayra García.

Coa rexedora trabadense tratou o proxecto para a realización de diversas melloras na área recreativa da Choza, na parroquia de Abres. Entre outras obras, está prevista a execución dunha escollera para evitar a caída dun talud, que podería afectar á pasarela existente na zona.

A actuación comprendería ademais outras melloras na área do embarcadoiro, consistentes na limpeza dos sedimentados.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here