Devolven á auga dous caldeiróns tropicais, que vararan na praia focense de Xuncos

O Cemma confirmou que se trata da primeira vez que se ten noticia do avistamento deste especie de cetáceos nesta zona da costa

Caldeirón tropical. FOTONATURA

Os veciños de Foz axudaron a volver á auga dous caldeiróns tropicais que vararon a última hora da tarde na praia de Xuncos.

As condicións do mar eran favorables para que o improvisado operativo de rescate salvase a vida dos animais.

Cando os voluntarios da Coordinadora para o Estudos dos Mamíferos Mariños (Cemma) e os efectivos de Protección Civil, alertados tras unha chamada ao 112, chegaron á zona, os cetáceos xa foran devoltos ao mar.

Os caldeiróns xa foran vistos na auga ao longo da tarde sen que perigo para a navegación marítima nin poñían en risco a súa seguridade, pero arredor das 19.00 horas comezaron a achegarse á costa, ata que un dos exemplares varou no areal.

PRIMEIRO AVISTAMENTO DESTA ESPECIE

O socorrista da praia deu o aviso e puxo sobre o caso ao Cemma, que confirmou que era a primeira vez que se vían na zona animais desta especie, avistados con moita frecuencia nas Illas Canarias.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here