InicioM.ambiente e PatrimonioTrabada pide axuda á Xunta para musealizar os fondos etnográficos do municipio

Trabada pide axuda á Xunta para musealizar os fondos etnográficos do municipio

A alcaldesa e mailo delegado territorial da Xunta visitaron as antigas escolas, rehabilitadas a partir dun proxecto municipal cunha subvención autonómica de 242.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

Trabada recuperou a súa antiga escola unitaria trala finalización das obras de rehabilitación deste antigo inmoble escolar, proxectadas polo Concello e apoiadas pola Xunta de Galicia.

Unha vez concluída a rehabilitación, as instalacións xa están listas para que comece a montaxe do museo etnográfico e dun punto de información turística proxectados polo goberno local, que darán “nova vida” a un inmoble ata que, ata este momento, atopábase deteriorado e en desuso.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, o popular José Manuel Balseiro, comprobou coa alcaldesa de Trabada, a socialista Mayra García Bermúdez, o remate dos traballos que se desenvolveron no último ano e que transformaron por completo a escola, que retoma a súa volumetría orixinal, sen os edificios anexos.

A recuperación desta antiga escola, sumada aos novos usos que se pretenden dar ás instalacións, contribuirán a poñer en valor un espazo emprazado en plena ruta norte do Camiño de Santiago, que se suma e enriquece os atractivos turísticos de Trabada”, dixo Balseiro.

REHABILITACIÓN INTEGRAL

As obras, cun financiamento da Xunta de case 242.000 euros, incluíron a rehabilitación integral do inmoble, no que se actuou por completo en todos os seus espazos: cuberta, interiores e fachada.

Acometeuse a reconstrución total dun dos espazos máis significativos da antiga escola, os soportais dianteiros, así como a adaptación dos aseos, na planta baixa, para habilitalos para o seu uso por persoas con mobilidade reducida, mellorando a súa accesibilidade.

INICIATIVA DO CONCELLO

A elaboración do proxecto técnico e a dirección facultativa da obra correron a cargo do Concello de Trabada, que investiu algo máis de 13.700 euros e que, segundo expuxo a alcaldesa, presentou “tres veces” o plan ata obter a subvención da Administración autonómica.

A rexedora trabadense queixouse de que malia a subvención inicial ascendía a aproximadamente 272.000 euros, a Xunta non permite ao Concello reiventir a diferenza -algo máis de 30.000 euros- do importe polo que foi finalmente adxudicada.

BOA PARTE DO MATERIAL, CEDIDO POR UN VECIÑO

Trabada dispón de abundante material histórico, desde apeiros de labranza e madeira ata utensilios de pesca, pasando por teares e prendas de roupa, unha colección de máquinas de coser con pé e sen pé e unha reprodución da escola dos anos 40. Boa parte deste patrimonio material foi doado ao Concello por un veciño, José Rocha, e terá agora un espazo para mostrar este legado.

A URBANIZACIÓN DO ACCESO, CON CARGO AO PLAN ÚNICO

García expuxo que “pretendemos é crear un centro etnográfico público de carácter municipal que nace coa misión de reunir, custodiar, conservar, incrementar, investigar, comunicar e difundir o patrimonio material e inmaterial de carácter etnográfico do Concello e tamén da comarca da Mariña Lucense enmarcado no Camiño Norte de Santiago”.

Queda pendente a musealización do proxecto, para a que García Bermúdez pide axuda á Xunta de Galicia. “O que se trata é de habilitar un espacio axeitado donde expoñer estas pezas de importante valor cultural e histórico para que todo o mundo, veciños e visitantes, poidan contemplalas”, expón.

A rexedora solicita á Administración autonómica “colaboración” para a mencionada musealización, toda vez que o goberno local “incluíu no Plan Provincial Único da Deputación o proxecto de urbanización do acceso, que se levará a cabo nos vindeiros meses.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...