InicioM.ambiente e PatrimonioEn Marea denunciará ante a Fiscalía a situación do parque eólico de...

En Marea denunciará ante a Fiscalía a situación do parque eólico de Sasdónigas

O voceiro da formación a nivel local, Manuel Germade, afirma que "saen vondo pezas" da instalación, que supón un "desastre ambiental"

Publicada o

- Advertisement -

O portavoz de En Marea Mondoñedo (Lugo), Manuel Germade, avanzou que denunciará este luns ante a Fiscalía a situación do parque eólico de Sasdónigas, no que “un muíño leva semanas parado” porque “lle faltan pezas que se desprenderon e saíron voando“.

Segundo asegura a formación nun comunicado, estas instalacións inauguradas hai unha semana supón un “desastre ambiental e social” perpetrado pola empresa Norvento. Por iso, En Marea Mondoñedo pide que o director xeral de Enerxía e Minas da Xunta, Ángel Bernardo Tahoces, explique “as medidas que adoptaron para concederlle a licenza de inicio de actividade” á compañía.

“Ao muíño novo sáltanlle pezas que acaban no monte e en fincas particulares, a escasos metros do Camiño de Santiago, dándose situacións de risco para persoas e animais”, denuncia En Marea, que asegura ademais que “hai terras de propietarios por pagar“.

CRITICAN A “INDEFENSIÓN” DOS VECIÑOS

Ademais, apela ao Concello, gobernado pola popular Elena Candia, e á súa “obriga de salvagarda do ben común dos veciños” despois de “dar o visto e prace” ao parque. Así as cousas, En Marea adianta que este luns levarán estes os feitos á Fiscalía este luns “ante a pasividade do Concello e Xunta” e ante a “indefensión” dos veciños.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...