InicioM.ambiente e PatrimonioBurela incorpora O Cantiño ás xeorutas

Burela incorpora O Cantiño ás xeorutas

O Concello ofrecerá tamén os sendeiros de O Perdouro e A Marosa desde finais de mes e durante todo o verán

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela vai incorporar este verán unha ruta xeolóxica máis ás dúas realizadas nos anos anteriores, as do Perdouro e A Marosa. Será a da zona do Cantiño. As primeiras actividades programadas serán a finais deste mes de maio, e o goberno local informará nas próximas semanas das datas concretas.

As rutas de sendeirismo xeolóxicas tiveron unha boa acollida tanto no pasado verán como na Semana Santa. A ruta de O Perdouro permite descubrir o conxunto de pregues mellor conservado de toda Galicia, unhas estruturas de máis de 300 millóns de anos de antigüidade. No tocante ao sendeiro que discorre por A Marosa, poden verse as formas que adquiren as rochas graníticas co paso do tempo, como acanaladuras ou tafoni.

O GOBerno local implicará aos hostaleiros na súa promoción

O goberno local burelés preparou unha ruta xeolóxica, a de O Perdouro, para os hostaleiros do municipio. Será o día 14, con saída ás 10 da mañá desde a oficina de turismo, e servirá para dar a coñecer aos empresarios una opción válida de ocio para os clientes que se acheguen aos seus hoteis e restaurantes.

Para nós é importante que os primeiros en ensinar e explicar as rutas xeolóxicas sexan os propios hostaleiros. Eles son os que reciben á xente e tratan con ella no día a día. Por iso cremos que é vital que saiban vender os produtos que temos aquí e promocionar as nosas riquezas”, asegura Ramiro Fernández, primeiro tenente de alcalde e edil de turismo do Concello de Burela.

RUTA PARA OS EMPRESARIOS

Así, o goberno local repartiu invitacións á ruta do vindeiro luns por todos os locais da vila. “Oxalá esta iniciativa teña boa acollida entre o sector, e poidamos entre todos axudar a que Burela medre a nivel turístico”, afirma o concelleiro.

O Concello de Burela programará as rutas xeolóxicas durante todo o verán coa colaboración do xeólogo Fran Canosa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...