O Concello descarta que a mancha no mar avistada o xoves en Burela se deba ao funcionamento da Edar

A investigación, segundo o alcalde, apunta á mortandade natural dunha especie de alga ou peixe

Praia de Ril. TURISMO DE GALICIA

O Concello de Burela descarta que a “mancha” no mar avistada por varios veciños en distintas zonas do municipio se deba a un mal funcionamento da estación depuradora de augas residuais (Edar).

O alcalde, o socialista Alfredo Llano, asegura que a investigación levada a cabo polo Servizo de Protección da Naturaleza (Seprona) da Garda Civil non contempla esta posibilidade, senón que baralla como posibles causas que “un fenómeno derivado do equivalente a unha marea vermella, restos de algas, ou é unha degradación ou unha mortalidade dalgún peixe derivada dalgunha circunstancia natural, ou ámbalas dúas cousas”.

Llano concreta que, con todo, a mancha, que apareceu primeiro no porto, logo no Penorual, en Ril, máis alá da praia da Marosa e incluso no litoral de Cervo, resulta “preocupante. Imos ver ata onde se pode determinar en que están fundamentadas estas manchas”, asegurou.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here