As Catedrais, a quinta marabilla natural de España segundo National Geographic

A sección de viaxes da edición española da revista inclúe o areal ribadense nunha selección de 30 espazos naturais do Estado

As Catedrais. TURISMO.GAL

A praia das Catedrais segue a acumular recoñecementos. O areal de Augas Santas, elixido polos internautas como o terceiro máis fermoso de España, foi escollido por National Geographic entre as trinta mellores marabillas da natureza do Estado.

A sección de viaxes da prestixiosa revista coloca a praia de Ribadeo no quinto posto entre os monumentos naturais de España, nunha lista que lidera a Selva de Irati, en Navarra.

“A erosión do vento e do mar esculpiron na costa de Lugo arcos e bóvedas de ata 32 metros de altura semellantes aos dunha catedral. Cando baixa a marea é posible pasear entre as súas galerías naturais. Un lugar único que nada ten que envexarlle á praia dos 12 apóstolos de Australia“, resume National Geographic, que a pasada semana dedicou tamén un reportaxe especial a As Catedrais.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here