Atopan na costa de Ribadeo unha ánfora de cerámica duns 2.600 anos

A Armada, que atopou tamén pezas de barro e unha xarra nun sondeo previo a unha cata do galeón, cre que o obxecto podería ser "o máis antigo" localizado no mar do noroeste peninsular

Imaxe dos restos atopados en Ribadeo. AXM

EFE. Restos de cerámica duns 2.600 anos de antigüidade, probablemente da civilización da Antiga Grecia, foron achados mergullados nunha zona do litoral galego próxima á localidade lucense de Ribadeo, informa a Armada.

Un equipo de buceadores militares acharon eses restos nunha inspección aos vestixios do galeón San Giaccomo dei Galizia afundido na zona, como parte dun sondo previo á campaña de estudo que espera levar a cabo o próximo outono, sinala a Armada nun comunicado.

O equipo localizou particularmente cerca do galeón “dúas pezas de barro, unha xarra e un ánfora” que segundo as primeiras conclusións aínda preliminares poderían corresponder á cultura grega do século VI antes de Cristo.

“A confirmación deste último achado convertería este testemuño no obxecto máis antigo localizado no ámbito náutico en todo o norte peninsular” ibérico, sinala a Armada.

Engade que os elementos descubertos, un conxunto “alleo ao propio galeón“, incluiranse na carta arqueolóxica de pecios do ámbito castrense.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here