InicioM.ambiente e PatrimonioAtopan na Illa Coelleira unha estela funeraria cun simbolismo asociado a un...

Atopan na Illa Coelleira unha estela funeraria cun simbolismo asociado a un asedio

Concello, Xunta e equipo arqueolóxico presentarán mañá o "singular" achádego, unha cruz papal de tres brazos

Publicada o

- Advertisement -

O Concello do Vicedo presentará este mércores un achádegado atopado no xacemento da Illa Coelleira. Trátase dunha estela funeraria que apareceu semisoterrada no sitio arqueolóxico, e cuxo simbolismo estaría asociado a un asedio a esta zona, segundo expón o arqueólogo responsable da investigación, Iñaki Sagredo.

Esta cruz papal de granito, que ten tres brazos, supón un “achádego peculiar”, expón o goberno local nun comunicado, dado que “a relixión ortodoxa adoptou tamén este tipo de cruz, que non é común”.

DATACIÓN PENDENTE

O especialista, que por agora non ofrece unha datación cronolóxica sobre o mesma. “É unha pedra con certo desgaste, podería ser moi antiga, pero por desgraza non está dentro dun contexto arqueolóxico para situala nun período histórico determinado. Podería estar relacionada cunha primeira fase construtiva do mosteiro, que tamén descoñecemos, porque falamos dun edificio reutilizado varias veces”.

O estudo da antigüidade é unha asignatura pendente para o equipo arqueolóxico. “Este ano apareceu un muro novo do mosteiro, que nos indica que o templo é máis antigo do que pensamos. Buscamos unha zona limpia para poder ofrecer unha datación e necesitamos máis tempo”, sinalou.

Trátase da terceira campaña de escavacións -2015, 2017 e 2020- realizada na Illa Coelleira polo equipo arqueolóxica, que traballa tanto na Coelleira como no xacemento dos Moutillós. “A loxística é complexa nunha illa deserta, podemos realizar campañas moi reducidas de tempo. Esperamos que o ano que vén, co novo sector estudado, que parece que é novidoso dado que hai unha parte do templo que non está alterada, nos pode dar algún tipo de datación”.

O Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González, encabezará a representación da Xunta de Galicia na presentación de mañá, á que tamén asistirán o alcalde do Vicedo, Jesús Novo, e o arqueólogo. Durante o acto de presentación os artistas Queiman e Pousa interpretarán tamén dúas pezas musicais para amenizar o acto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...