JUAN MAYA. No acto de presentación celebrado este mércores no
Vicedo no que participaron o
conselleiro de Cultura e Turismo,
Román Rodríguez, o
alcalde do Vicedo,
Jesús Novo, e o arqueólogo
Iñaki Sagredo, achegouse nova información sobre a
estela funeraria atopada no xacemento da Illa Coelleira.
Sagredo considera que se trata dunha peza “
única” de “
moito valor” xa que non existe un paralelo na actualidade. “Non sei se non
futuro poderemos
atopar algo parecido ou que
alguén nos poida dar algún tipo de
pista”, expuxo o arqueólogo.
Coa intención de obter máis información sobre o achádegado, os investigadores preguntaron a
varios expertos, algúns deles de fóra da península, pero todos coinciden no mesmo:
non hai ningunha referencia coñecida semellante.
FEITA PARA VERSE EN 360 GRADOS, PUIDO SER “UNHA ESPECIE DE ALTAR”
A estela atopada conta cunha serie
particularidades que a convirten nun
descubrimento único a nivel da
zona, peninsular e europeo. “A pedra en si garda moitísimo
simboloxía, non pola cruz frontal, que está dignificada nunha orla, senón polas cruces que están talladas arredor para poder visulizala
360 grados“, coas que buscaban que fora como unha “especie de
altar” que se vira dende diferentes puntos, “tanto por
arriba como polos
laterais”.
“Temos un bloque primástico que é máis groso na súa base. É unha estela funeraria, non unha cruz que vaia relacionada á construción do templo. Ten tres brazos horizontais, un adorno medieval con forma circular e que unha aureola circular que lle da un certo poder místico”, explicou Sagredo.
SIMBOLOXÍA
Tamén ten outras singularidades: “a cruz como gran
forza simbólica ten cruces labradas arredor, ten unha que semella ser posterior nun
costado e, na parte superior, outra con
dúas máis
pequenas que corresponde a un
calvario ou a unha cruz de
Xerusalén inacabada“, explicou o arqueólogo.
Malia que a investigación está todavía
en curso e que de momento
non dispoñen dunha
datación cronóloxica exacta, tal e como se encargou Sagredo de lembrar en varias ocasións durante a conferencia, a peza foi atopada nun
mosteiro abandoado na Illa Coelleira rodeado de lendas. “A illa foi unha
referencia visual para os
navegantes e para os
relixiosos; os templos procurábanse en sitios refuxiados para buscar a espiritualidade ou unha protección ante os posibles atacantes”.
AS CONSTRUCIÓNS NA ILLA, A INVESTIGACIÓN
Os arqueólogos encargaron a
Estados Unidos estudos de
fotografías satélite da zona para poder
analizar as construcións que puido haber na illa e que
non son visíbeis na actualidade. “O que puidemos comprobar facendo uns barridos de análise de diferentes capas de cor con infravermellos, é que hai
varias construcións
asociadas ao
templo”.
Todo parece indicar que o
número de
frailes que puidera haber era
maior do que se pensaba ata o de agora. “O edificio puido albergar un número maior de persoas do que pensamos fai uns anos, realmente hai unha serie de
dependencias asociadas ao templo”.
“Esta peza está a dicirnos que hai algo na Illa Coelleira moi
importante todavía por descubrir”, concluíu o arqueólogo.
FUCIÑO DO PORCO CONTARÁ CON PANEIS, LUCES E UN APARCADOIRO PARA BICIS
No acto tamén participaron o conselleiro de Cultura e Turismo,
Román Rodríguez, e o alcalde do Vicedo,
Jesús Novo, para anunciar que a
Xunta de Galicia asinará un novo convenio de
30.000 euros coa intención de “mellorar o equipamento e os servizos” no
Fuciño do Porco mediante a instalación de
paneis, a colocación de
luces ornamentais e a construción dun
aparcadoiro de
bicicletas. Esta nova achega económica súmase aos máis de
50.000 euros que a Xunta leva xa investidos nos pasados anos no saínte costeiro.
Rodríguez tamén aproveitou a ocasión para recordar a importancia dun dos “
recursos turísticos esenciais para a Mariña” e remarcou o “carácter excepcional do espazo”, así como os
esforzos que están realizando nos últimos anos dende a
Xunta en colaboración co
Concello.