Localizan unha necrópole altomedieval de alomenos cinco tumbas en San Tirso de Portocelo

Os arqueólogos cren que os sepulcros poderían estar relacionados cun mosteiro dúplice que aparece na documentación

Escavación en San Tirso de Portocelo. AXM

A primeira semana de escavación no castro de San Tirso de Portocelo, no municipio de Xove, coa aparición de ata cinco tumbas altomedievais na zona interior do castro.

Ao longo desta primeira semana, no interior do castro de San Tirso de Portocelo apareceu unha necrópole altomedieval, da que ata o de agora se descubriron cinco tumbas.

Esta necrópole podería estar relacionada co mosteiro dúplice que aparece na documentación medieval, que nos conta que a mediados do século VIII, un diácono chamado Rodrigo lega a un grupo de “fratres y sorores” (monxes e monxas en calidade de igualdade), tres “eclesiae” (mosteiros ou igrexas), un dos cales sería do de San Tirso.

A cata desenvolverase durante tres semanas e tratará de localizar restos do primitivo asentamento e localizar vestixios da antiga ocupación da zona, intentando aportar comprender como vivían os seus antigos habitantes. Ademais dos restos dunha antiga ermida, San Tirso  garda as ruínas dun mosteiro altomedieval asentado sobre un castro da Idade do Ferro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here