InicioM.ambiente e PatrimonioInician as obras do primeiro edificio público galego feito ao 100% con...

Inician as obras do primeiro edificio público galego feito ao 100% con madeira local, procedente da Mariña

Impulso Verde, que será construído en Lugo, terá un “balance enerxético cero" e emitirá "un 90% menos de CO2 á atmosfera" que os inmobles construídos con formigón e aceiro

Publicada o

- Advertisement -

Veñen de iniciarse as obras do edificio Impulso Verde, o primeiro inmoble público de Galicia que será construído en Lugo con madeira autóctona certificada, procedente da comarca da Mariña, en concreto de Alfoz.

Os traballos de construción deste inmoble, que se será levantado na zona da Garaballa, enmárcanse no proxecto Life Lugo+ Biodinámico e foron adxudicadas por un importe de 1,5 millóns de euros á empresa EGOIN, que conta cun prazo de 15 meses para finalizar os traballos.

Será un edificio de “balance enerxético cero e emitirá un 90% menos de CO2 á atmosfera que os inmobles construídos con formigón e aceiro, unhas 50 toneladas fronte a 470, ademais de absorber 280 toneladas de emisións”. Será, din, a “semente” do futuro barrio multiecolóxico da cidade de Lugo. Le a información completa no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...