Morre unha balea boreal de 13 metros que varou viva en Tapia

A CEMMA expón que esta é unha especie rara na costa norte do Estado, xa que só se documentou a súa presenza "en tres ocasións" durante o ano 2020

Balea boreal en Tapia. LUIS LARÍA/CEPESMA

Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) anunciou a través das súas contas nas redes sociais a aparición en Tapia de Casariego dunha balea boreal (Balaenoptera borealis) varada viva, que acabou falecendo, segundo a mesma fonte. Trátase dun individuo duns 13 metros de lonxitude, tamaño co cal sería un adulto.
Segundo a CEMMA, “aínda que está presente en distintos momentos do ano dende Azores ao Golfo de Biscaia, e ata foi cazada con certa regulariadade durante o século XX fronte á costa galega, esta é unha especie rara na costa norte de España. O ano pasado houbo tres rexistros, outro exemplar varado preto de Ribadesella e nós tivemos dous avistamentos en Galicia nos nosos embarques no verán”, conclúe a ONG.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here