Piden sancións para a empresa que explota o faro da illa Pancha por non contar cun estudo previo

Ecoloxistas en Acción demanda á Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao que indague como se concedeu permiso de explotación.

Faro de Illa Pancha, en Ribadeo. AXM

Ecoloxistas en Acción reclama á Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao o informe no que se recollan os motivos que xustifican a implantación do uso hostaleiro e a súa harmonización co interese xeral do faro da Illa Pancha. Ademais solicita copia da autorización da Dirección Xeral da Costa e o Mar pola ocupación do dominio público marítimo-terrestre. A organización ecoloxistas sinala que no expediente debe constar tamén a autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Natural ou, no seu defecto, do departamento que corresponda da Consellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

Na denuncia presentada Ecoloxistas en Acción solicita á Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao que se ordene incoar o correspondente procedemento sancionador e que na resolución que recaia no mesmo, ademais das sancións que procedan, se impoña ao infractor a obrigación de reparar o dano causado. Tamén reclama que, subsidiariamente, indemnice os danos e prexuízos que non poidan ser reparados, impoñéndose ao infractor as multas coercitivas necesarias para cumprir o ordenado, en caso de non realizar voluntariamente a reparación ou indemnización impostas.

A lexislación portuaria parte da regra xeral de prohibición de uso habitacional ou residencial, coincidindo co tenor da Lei de Costas que sinala que no dominio público portuario só poderán levarse a cabo actividades, instalacións e construcións acordes cos usos portuarios e de sinalización marítima, de conformidade co establecido ns Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante. Os requisitos legais que permiten o eventual levantamento da prohibición para o seu uso hostaleiro deben obedecer a razóns de “interese xeral” debidamente acreditadas. Algo que non cumple o faro da illa Pancha, segundo Ecoloxistas en Acción.

1 COMMENT

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here