InicioM.ambiente e PatrimonioGoza do Día da Transrománica cunha visita polo berce do románico na...

Goza do Día da Transrománica cunha visita polo berce do románico na Mariña

A Deputación lanza varias rutas, entre elas, en Foz. En total son 14 rutas por toda a provincia que se levarán a cabo o 9 de maio en distintos concellos para dar a coñecer o patrimonio

Publicada o

- Advertisement -

A comarca da Mariña acollerá unha das 14 rutas coas que a Deputación de Lugo quere celebrar o Día da Transrománica que celebra a súa xornada internacional o domingo 9 de maio. Será cunha xornada de portas abertas ao románico da provincia.

Os itinerarios serán de balde e cun máximo de 8 persoas por visita, e estarán dirixidos por un guía oficial de turismo. No caso de Meira e de Foz, os concellos colaboran nesta conmemoración ofrecendo estas visitas da man das guías municipais que traballan nestes municipios. Así, a visita será a San Martiño de Mondoñedo e Santa María de Meira, respectivamente.

As inscricións ábrense o venres, 30 de abril, ás 10.00 horas, e permanecerán abertas ata o día anterior ás actividades, o 8 de maio, ás 12.00 horas, ou ata completar aforo. En total ofértanse 112 prazas e as persoas interesadas poderán inscribirse na páxina web http://inscricions.deputacionlugo.org.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Alcalde de Meira, Antonio de Dios, o Concelleiro de Comunicación e Relación Institucionais do Concello de Foz, Carlos García, e representantes dos guías de turismo que realizarán as actividades, presentaron nos Xardíns do Pazo de San Marcos o programa de actividades que a institución provincial pon en marcha con motivo desta xornada.

ACTIVIDADES

As rutas que se poden realizar o día 9 de maio son as seguintes:

Ás 10.30 horas
– Catedral de Lugo e cidade medieval
– Ribeira Sacra – Carballedo
– Ribeira Sacra – Monforte de Lemos
– Ribeira Sacra – Taboada
– Ribeira Sacra – Pantón
– Ribeira Sacra – O Saviñao

Ás 10.40 horas
– San Martiño de Mondoñedo, en Foz

Ás 11.00 horas
– Camiño Francés I – Sarria
– Santa María de Meira

Ás 16.30 horas
– Románico do Lugo rural e Guntín
– Románico da Ulloa
– Camiño Francés II: Portomarín e San Facundo de Ribas de Miño
– Ribeira Sacra – Chantada
– Ribeira Sacra – Sober

O Presidente subliñou que estas actividades “se realizarán en consonancia cos restantes membros da asociación Ruta Transrománica na conmemoración do Día da Transrománica” E permitrián que os veciños e veciñas da provincia descubran os recursos que ofrece Lugo, coñezan o patrimonio que teñen a carón da casa e “sexan os primeiros promotores dos nosos recursos”, destacou.

SELO DE ITINERARIO CULTURAL DO CONSELLO DE EUROPA

A Ruta Transrománica está recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa e trátase dunha das principais rutas culturais paneuropeas. Está integrada por rexións de 9 países da Unión Europea -Austria, Alemaña, Francia, Italia, Romanía, Portugal, Serbia, Eslovaquia e España- e aglutina un conxunto de monumentos románicos, moitos deles declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

A provincia de Lugo é o terceiro lugar de toda España que forma parte desta entidade, despois de Castela e León, co mosteiro de Santo Domingo de Silos, e a cidade de Zamora, e conta na súa ruta con 10 igrexas de arte románico situadas en 10 concellos da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...