Adeus aos valos pantasma de Foz

O rexedor di que é unha actuación contra o “feísmo”

Valados non regulados en Foz / Concello de Foz

O Concello de Foz retirou dous valos publicitarios de grandes dimensións situados na entrada da vila, en Vilaxoane, que non estaban regulados.

O goberno municipal explica nun comunicado que “foi unha actuación contra o feísmo e desde o Concello imos seguir traballando nesta liña para embelecer outros lugares do municipio nos que tamén hai danos á paisaxe que é necesario corrixir”.

Así quedou a zona de entrada a Foz tras a retirada de dous valados non regulados / Concello de Foz

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here