Gozando dos cantís da Capelada e da costa da Mariña desde o mar

Viveiro organiza a I Regata Puertos Deportivos este verán.

Regata da Semana Náutica de Ribadeo. AXM

O Concello de Viveiro será a sede da I Regata de Puertos Deportivos, entre Marina Coruña e Marina Viveiro, que terá lugar entre os días 17 e 24 de xullo deste ano. Así o anunciou este mércreos a Concellería de Turismo de Viveiro, que organiza o evento.

Ambas Marinas están actualmente dirixidas por Roberto Bermúdez de Castro (Chuny), o regatista galego e icona na vela internacional tras gañar a volta ao mundo en 2015. “O obxectivo das Marinas é potenciar o deporte náutico e poñer en valor o enorme potencial das augas galegas para este tipo de actividade”, apunta o concello nun comuniado.

No caso da contorna de Viveiro, os acantilados da serra da Capelada, os segundos máis altos de Europa, ofrecen unha paisaxe inédita para navegar. De feito, esta I Regata de Portos Deportivos será ademáis de ambiente familiar, promovendo entre os participantes e toda a sociedade galega a cidade de A Coruña e Viveiro.

Aínda que están pendentes de concretar os detalles, a Regata percorrerá 50 millas de navegación coa flota do tipo IMS galega. Un circuito de ida e volta entre os portos da Marina Coruñesa e Marina Viveiro, coa ida programada para o 17 de xullo e a volta para o 24 do mesmo mes. “Os participantes pasarán en Viveiro unha semana, durante a que terán a oportunidade degozar dos recursos turísticos do municipio”, destaca.

“Para o Concello de Viveiro é unha oportunidade de dar a coñecer ao visitante as múltiples opcións que o municipio ofrece, divulgando os seus recursos entre un tipo de turismo moi concreto, o vinculado ao mundo do mar, cada vez máis en auxe”, conclúe o comunicado.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here