A Mariña, unha potencia industrial nos últimos dous séculos

Sargadelos e Alcoa marcan un antes un despois na industrialización da comarca.

Complexo industrial de Sargadelos. SARGADELOS

“Dous séculos de industria na Mariña: de Sargadelos a Alcoa“. É o interesante nome da charla que o vindeiro 27 de maio ás 19.00 horas impartirá o profesor Xoán Carmona Badía dentro das actividades non presenciais programadas por Mariña Patrimonio.

Carmona Badía falará das orixes e a evolución da industria na Mariña, enfocando o tema sobre todo nos dous grandes proxectos desenvolvidos na bisbarra (Sargadelos e Alcoa), as razóns e as características que se deron para a implantación de ambos proxectos que, coas súas diferenzas e peculiaridades, tiveron gran repercusión.

A conferencia será difundida na páxina de Facebook de Mariña Patrimonio: https://es-es.facebook.com/pg/marinhapatrimonio/events/?ref=page_internal , no apartado de eventos de acceso libre. A entidade lembra que se poderán facer preguntas e mais comentarios por escrito, mentres dure a intervención, e que serán trasladados ao relator.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here