Barreiros e Viveiro súmanse ao “apagón” deste sábado para denunciar o cambio climático

A acción encádrase no proxecto europeo “People and Planet”, que implica á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático.

Concentración contra o cambio climático. AXM

Os Concello de Viveiro e de Barreiros únense este sábado 5 de xuño á acción convocada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade polo Día do Medio Ambiente para suspender, a partir das 23:00, a iluminación pública de consistorios, prazas igrexas e outros monumentos.

A finalidade da acción é concienciar sobre o consumo enerxético e encádrase no proxecto europeo “People and Planet”, que implica á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático.

En total, 23 concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sumaranse a este “apagón” do alumeado dos seus edificios e monumentos. No caso de Viveiro, o goberno local decidiu adherirse á iniciativa suspendendo, a partir das 23:00 e durante toda a noite do día de mañá sábado 5 de xuño, a iluminación da porta de Carlos V e a da igrexa de Santa María.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here