InicioM.ambiente e PatrimonioQueres saber como se ven os astros na Mariña?

Queres saber como se ven os astros na Mariña?

Terá lugar o vindeiro 26 de agosto.

Publicada o

- Advertisement -

Aproveita para gozar dunha observación astronómica. O 26 de agosto poderás disfrutar dela en Ribadeo. A Universidade de Santiago de Compostela, a través do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, xunto co programa O teu Xacobeo organizan en varios concellos de Galicia o programa de astronomía A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do camiño.

En Ribadeo esta cita, coa que colabora o Concello, será o 26 de agosto. Comezará as 21:30 horas na Casa do Mar cunha charla sobre temas astronómicos de interese. E despois haberá unha observación astronómica na Praia dos Bloques as 22:15 horas coa que se completará unha velada cultural e científica vendo e aprendendo cousas ao mesmo tempo que se goza dunha noite de verán.

As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo no correo electrónico sostibilidade@ribadeo.org ou chamando ao 982 120 7

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...