InicioM.ambiente e PatrimonioA Xunta di que non recibiu a carta do alcalde de Ribadeo...

A Xunta di que non recibiu a carta do alcalde de Ribadeo pero “incrementará” a vixilancia nas Catedrais

Di que haberá un axente ambiental que poderá levantar a denuncia correspondente se ve aos turistas amoreando pedras.

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, trasladou a Europa Press, que non “teñen constancia”, polo momento, de ningún escrito do alcalde de Ribadeo sobre a problemática do amontoamento de pedras que xurdiu hai uns días nas Catedrais tal e como informou Xornal da Mariña este xoves.

O Goberno autonómico responde así o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, que compartiu nas súas redes sociais o comunicado que remitiu á institución autonómica reclamando que “tome as medidas necesarias” para solucionar estes problemas.

Así, desde a Xunta, sinalaron que esta semana, deron indicacións para que se reforce a presenza de persoal do distrito da zona. Ademais, para este fin de semana e ante a afluencia de visitantes pola ponte de agosto, a Xunta “procederá a incrementar a vixilancia” cun axente ambiental que poderá levantar a denuncia correspondente ante posibles infraccións como as denunciadas polo rexedor.

Por outra banda, desde a Consellería remarcaron que a empresa encargada do control de afluencia ao monumento “recibiu instrucións” para que advirta aos visitantes de que non se pode alterar o espazo natural, así como os elementos que o conforman.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...