InicioMovementos Sociais"Máis de duascentas reclamacións" piden a cobertura estable da pediatra en San...

“Máis de duascentas reclamacións” piden a cobertura estable da pediatra en San Cibrao

A plataforma sanitaria denuncia "agardas dun mes" tralas vacacións da especialista que atende no centro de saúde sancibrense e en Cervo

Publicada o

- Advertisement -

Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña ubicou o pasado martes a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (Umar) en San Cibrao, onde recolleu “máis de duascentas reclamacións” para esixir a cobertura da pediatra.

As veciñas e veciños cubriron as demandas nas que solicitan a substitución da titular do servizo de pediatría “de forma estable e desde o primeiro día” en caso de ausencia por baixas, permisos ou vacacións.

A plataforma sanitaria sinalou que o ambulatorio “se viu ateigado” de persoas que querían facer efectiva a súa queixa e que tiveron que habilitar unha mesa paralela para atender as peticións.

O colectivo denunciou que se rexistraron “demoras dun mes nas citacións” tras os primeiros días de vacacións da titular do servizo nos centros de atención primaria de Cervo e San Cibrao.

Ademais da recollida de sinaturas, durante a mañá, profesionais e usuarios do centro participaron nun paro de cinco minutos, convocado pola Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) baixo o lema ‘Por unha Atención Primaria Digna‘.

O BNG CRITICA O “SILENCIO” DO ALCALDE

O BNG de Cervo criticou o “silencio” do alcalde cervense, o popular Alfonso Villares, ao que acusaron de “converterse en cómplice do deterioro sanitario”.

Os nacionalistas denunciaron a “grave perda de calidade asistencial” que xenera o Sergas ao non cubrir as ausencias da profesional de pediatría que, explicaron, obriga ás familias a desprazarse ata o centro de saúde de Burela.

“Por se o desprazamento non fora abondo, tamén se contribúe a saturar o servizo de pediatría burelao”, sinalou o responsable local, Diego Fernández.

CONCENTRACIÓN EN VIVEIRO

O paro de cinco minutos de San Cibrao repetiuse tamén en Viveiro. Persoal e usuarios do centro de saúde concentráronse diante do ambulatorio para pedir á Xunta de Galicia que “reforce o número de profesionais para urxencias e especialidades como a de pediatría, e que se cubran as baixas médicas por enfermidade ou vacacións”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...