Acusan ao Sergas de dar “citas falsas” para evitar que trascendan casos de agardas

A plataforma denuncia o caso dunha paciente que espera desde setembro do 2018 por unha consulta de reumatoloxía

A paciente. AXM

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña denuncia o caso dunha paciente que acusa ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) de dar “citas falsas” para evitar que trascendan casos de agardas á opinión pública.

Segundo expón o colectivo, a doente ten problemas reumatolóxicos nas mans e nos ombreiros que se agravaron desde setembro de 2018. O reumatólogo recomendou entón unha nova consulta “en tres ou catro meses”, pero non recibiu a chamada.

A plataforma explica que, pasados cinco meses, a doente presentou unha reclamación cunha advertencia “de que ía acudir á prensa”. O Sergas deulle cita para o 14 de febreiro do 2019, pero “aos poucos días chamárona de novo desde o Hospital Público da Mariña para dicirlle que a anulaban”.

Dada esta situación, a paciente redactou unha nova reclamación, coa axuda da plataforma. Foi rexistrada o pasado 5 de febreiro, asegura o colectivo, con número de entrada 384. Despois de que pasasen sete meses sen ser atendida de novo, a doente decidiu denunciar o caso a través da plataforma.

“XOGAN COA SAÚDE DA XENTE”

O colectivo esixe ao Sergas que “deixe de xogar coa saúde das persoas” e que “cambien de actitude e de xestión, antepoñendo os pacientes a criterios economicistas”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here