Somos Unha Área protesta á entrada do pleno de Viveiro

A plataforma continúa as mobilizacións trala aprobación da reforma da Lei de Saúde

Concentración á entrada do pleno. AXM

Malia que o Consello da Xunta aprobou a finais do ano pasado a reforma da Lei de Saúde que suprimiu a área sanitaria da Mariña para converter a bisbarra nun distrito de Lugo, os colectivos Somos unha Área e Plataforma na Defensa da Sanidade da Mariña acordaron continuar as protestas e concentráronse á entrada do pleno de Viveiro. Os manifestantes increparon aos concelleiros do Partido Popular á súa entrada na sesión plenaria.

MÁIS DERIVACIÓNS DE PACIENTES

A plataforma advirte de que “cada día estanse derivando máis pacientes a Lugo e á Coruña para probas e intervencións quirúrxicas que antes se facían no Hospital da Costa, mesmo para facer unha sinxela placa dental”. Isto supón, segundo o colectivo, “nalgúns casos, máis de hora e media de viaxe para realizar probas e consultas que se facían ata o de agora na comarca”.

“BENEFICIA AOS PRIVADOS”

Para os convocantes da concentración, os “grandes beneficiados” da reforma da Lei de Saúde son “centros privados como Polusa ou A Nosa Señora dos Ollos Grandes”, e rematan que “O PP non convence e cada vez terá en fronte a máis veciñanza defendendo a sanidade pública, universal e gratuíta”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here