A plataforma sanitaria axudará coas reclamacións o martes no hospital

As persoas con dúbidas sobre derivacións ou agardas tamén atoparán asesoramento no posto do colectivo

Unidade móbil da plataforma sanitaria da Mariña. PLATAFORMA NA DEFENSA DA SANIDADE DA MARIÑA

A Plataforma na Defensa da Sanidade da Mariña instalará unha vez máis a Unidade Móbil de Axuda Coas Reclamacións (Umar) na entrada principal do Hospital da Costa. Será o vindeiro martes, en horario de 11.00 a 13.00 horas.

Todas aquelas persoas que teñan dúbidas en temas relacionados con agardas e derivacións á sanidade privada poden achegarse ata a mesa da Umar para resolver estas cuestións.

No caso de que algún paciente queira facer unha reclamación por considerar que sofre unha dilación en probas diagnósticas, consultas ou operacións cirúrxicas, a plataforma sanitaria ofrece asesoramento e mesmo a entrega do documento no rexistro.

EN AGOSTO, SÓ NO HOSPITAL DA COSTA

O colectivo lembra que a Umar só se instalará en agosto no hospital. A partir do mes de setembro volverá aos centros de saúde.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here