Ribadeo e Viveiro acollerán protestas en repulsa polo asasinato machista de Lugo

Unha muller de 49 anos foi atopada morta, con feridas de arma branca, no seu piso da capital lucense; a súa parella foi detida

Manifestación contra a violencia machista. AXM

A Mariña acollerá este luns dúas concentracións en repulsa polo asasinato machista acontecido en Lugo o pasado 8 de febreiro.

Ribadeo e Viveiro serán os lugares nos que o feminismo da bisbarra mostrará o seu rexeitamento á violencia de xénero.

En Ribadeo, o Observatorio da Mariña Pola Igualdade convocou unha protesta na Praza 8 de Marzo, a partir das 20.30 horas.

“Estamos fartas de minutos de silencio e non cansaremos de repetir que o machismo mata”, afirmou o colectivo a través dun comunicado de prensa.

En Viveiro, segundo informou o BNG viveirense, a concentración será media hora antes, ás 20.00 horas, na Praza da Fontenova.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here