A plataforma sanitaria asesorará no hospital o martes

Profesionais e usuarios poderán consultar dúbidas sobre derivacións ou tempos de agarda

Hospital da Costa. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (Umar), que impulsa a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, volverá ao Hospital da Costa o vindeiro martes.

Profesionais, usuarios e colectivos poderán consultar dúbidas sobre derivacións ou tempos de agarda, entre outras cuestións. A plataforma sanitaria mariñá tamén ofrecerá asesoramento para redactar reclamacións e presentalas no rexistro.

HORARIO

A unidade móbil instalarase na entrada do hospital das 11.00 ás 13.00 horas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here