InicioMovementos SociaisAsturias ensaia vivendas compartidas fronte ao desafío do envellecemento

Asturias ensaia vivendas compartidas fronte ao desafío do envellecemento

A cooperativa Axuntase, pioneira no Principado, exporá o seu proxecto nun encontro en Figueras

Publicada o

- Advertisement -

A demografía irmanda a Galicia e Asturias. As persoas maiores de 65 anos rondan o 25 por cento do total da poboación tanto nunha como noutra comunidade. Coa idade, aumenta a probabilidade de vivir en soidade e diminúe a participación na comunidade.

Esta é a situación que pon no foco o encontro de asociacións do Noroccidente de Asturias que se celebra o vindeiro sábado en Figueras, en Castropol. As ponencias tratarán da importancia das redes sociais para un “envellecemento exitoso” no medio rural.

VIVENDA COLABORATIVA

Na palestra participarán representantes da cooperativa Axuntase que leva adiante un dos contados proxectos de vivenda colaborativa ou co-housing que foron tomando forma en todo o Estado. Medio cento de persoas constituíron esta sociedade de iniciativa social para construír un espazo residencial pensado para a vida en comunidade e autoxestionada.

A cooperativa está pendente da adquisición dos terreos para poñer en pé este complexo con 32 apartamentos duns 50 metros cadrados de uso privado dos residentes e diferentes espazos comúns nos que compartir o día a día –dende un comedor e unha lavandería ata unha sala de lectura-.

Segundo a Enquisa continua de fogares do INE, en Galicia 125.000 persoas maiores de 65 anos viven soas; en Asturias, 64.100

Trátase dun modelo consolidado nos países nórdicos que non ten un acomodo claro no marco normativo español. “Hai vías para a iniciativa pública e para a iniciativa privada, para as empresas, pero non para proxectos impulsados pola sociedade civil. O modelo de vivenda compartida non encaixa”, explica María Asunción Rodríguez, presidenta de Axuntase.

Constituíronse como unha cooperativa en cesión de uso para levar a cabo un proxecto no que veñen traballando desde 2014, e que presentan como unha alternativa posible aos retos que supón para a sociedade o avellentamento da poboación.

DEPENDENCIA

Neste tipo de proxectos incentívase a autonomía persoal pero contémplase tamén a dependencia. “Establecemos unha cota de solidaridade coa que, chegado o momento, se afrontarán os gastos relacionados coa atención que requieren as personas dependentes. Con esa caixa común podemos contratar a coidadores profesionais”, explica a presidenta de Axuntase.

Segundo os datos que manexa Axuntase, o 20% das persoas maiores de 80 anos acaban requerindo coidados

“É unha forma de envellecer moito máis humana que nun xeriátrico, onde perdes privacidade, independencia, liberdade. Con este modelo, a xente decide sobre as súas vidas”, defende a presidenta de Axuntase. Lamenta o “descoñecemento e nulo interese” que, di, atoparon por parte dos concellos aos que se dirixiron na busca de terreos cunha calificación axeitada para este tipo de proxectos.

Finalmente, o proxecto desenvolverase en Llanera e Cudillero. O grupo está traballando na definición das características arquitectónicas do complexo, mentras agardan pola acreditación que precisan para exercer a compra dos terreos.

NO RURAL

As persoas que forman parte da cooperativa son de procedencia urbana, Oviedo e Gijón. O núcleo promotor–de cinco mulleres- foise ampliando a medida que foron dando a coñecer o proxecto. María Asunción Rodríguez apunta que, no rural, onde a xente se coñece podería ser mesmo máis doado reunir un grupo de persoas en torno a unha iniciativa destas características.

OUTRAS PONENCIAS

Ademais deste proxecto de vivenda colaborativa, no encontro deste sábado expoñeranse outras experiencias emprendidas desde o asociacionismo para mellorar a calidade de vida das persoas maiores e promover a súa participación na sociedade.

Durante a xornada, presentarase o resultado dun estudo sobre a situación das persoas maiores no Principado de Asturias realizado pola Asociación Ayuda entre Mayores (AEMA).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...