Camiño do 8-M: cinco protestas laborais lideradas por mulleres galegas ao longo da historia

Das cigarreiras da Coruña ás matronas de Verín: lembramos as protestas de traballadoras contra peches de empresas e precarias condicións laborais. Dende 1857 ata a actualidade.

Á esquerda, cigarreiras traballando na fábrica de Tabacos da Coruña. Á dereita, matronas e nais protestan contra o peche do paridoiro de Verín (Fonte: EP).

A historia recente de Galicia está atravesada por intensas protestas laborais encabezadas por mulleres. As redeiras, as traballadoras do mar, as conserveiras, as teleoperadoras, as ‘enfermeiras en loita’, as matronas, as traballadoras de axuda no fogar, as tendeiras de Inditex… téñense levantado e séguense levantando dos seus postos de traballo para reivindicar un mundo laboral onde a precariedade non teña faciana de muller. O movemento que se foi tecendo en torno ao 8 de Marzo ergueu a folga como un valioso instrumento para as reivindicacións das mulleres, e por iso, percorremos nas seguintes liñas cinco fitos das loitas laborais femininas. Loitas que en moitos casos foron dobres: contra a propia precariedade e contra o machismo dos compañeiros de traballo; pero loitas, en definitiva, das que somos fillas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here