Un traballador de Vestas irá en bicicleta ata a Dinamarca para loitar contra o peche

"Esta fazaña culminará coa entrega dunha carta en man dirixida aos directivos da empresa", sinala o comité.

Un home sostén unha bengala nunha concentración de apoio aos traballadores da fábrica de Vestas en Viveiro polo peche inminente da planta, na praza do concello, a 25 de setembro de 2021 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Un traballador de Vestas percorrerá en bicicleta a distancia que separa a planta de Viveiro coa sede central da compañía en Dinamarca, en total uns 2.800 quilómetros, para pedir á empresa que non peche a fábrica da Mariña.

Esta iniciativa, da que informa o comité de empresa, arrinca este domingo 3 de outubro ás 10,30 horas. O traballador, Alejandro Paleo, prevé realizar este traxecto en etapas cunha duración total estimada de 15 días.

Esta fazaña culminará coa entrega dunha carta en man dirixida aos directivos de Vestas en Dinamarca para que non se peche a planta situada en Viveiro como se anunciou hai apenas unha semana”, sinala o comité.

O reto poderase seguir en directo a través das principais redes sociais, que serán publicadas en próximos días.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here