Os xubilados lembran que a Constitución establece a blindaxe das pensións

Na celebración do 40 aniversario da Carta Magna, os pensionistas recordan que o artigo 50 garante "a suficiencia económica na terceira idade"

Concentración de xubilados e pensionistas en Barreiros. AXM

Os colectivos de xubilados e pensionistas da Mariña concentráronse este venres diante do consistorio de Barreiros para insistir en que o Goberno asegure unhas pensións dignas.

Os manifestantes reclamaron a blindaxe do sistema público de pensións, derrogación das reformas laborais e que as prestacións suban de acordo ao Índice de Prezos de Consumo (IPC).

Trala celebración dos 40 anos da Constitución, os pensionistas lembraron na súa protesta o artigo 50 da Carta Magna, que establece que “os poderes públicos garantizarán, mediante pensións axeitadas e actualizadas, a suficiencia económica dos cidadáns durante a terceira idade“.

UNIDADE

Pensionistas dos colectivos de Mondoñedo, Ribadeo e Barreiros concentráronse este venres, e tamén participaron -xunto a agrupación de Lourenzá– nun acto reivindicativo o pasado xoves na cidade episcopal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here