O PP de Viveiro propón a creación dunha mesa de traballo que elabore un plan económico estratéxico para o municipio.
O grupo popular presentará no vindeiro pleno unha moción na que insta á corporacion a impulsar un “pacto social”, co obxectivo de deseñar unha “folla de ruta para a creación de riqueza local”.
Os conservadores sosteñen que o diálogo debe incluír a partidos políticos, sindicatos, patronal e outros axentes económicos locais como asociacions de artesáns e produtores ou “expertos e viveirense con peso social nacional”.
A moción argumenta que o concello se atopa nunha situación de “parálise” e que precisa “dun modelo e dunhas pautas a seguir”, que “comprometa” tamén á corporación e goberno local saídos das eleccións do vindeiro mes de maio.
axudas a autónomos, a bonificación do solo industrial ou a creación dunha marca propia son algunhas das proposicións
PROPOSTAS
O documento enumera algunhas das propostas dos populares no ámbito económico. Así, propoñen a bonificación do chan industrial e a baixada de impostos ou axudas a autonómos.
A creación dun banco local de emprego e prácticas profesionais, a creación dun centro de proxección forestal, o desenvolvemento dunha marca propia para productos locais, o deseño dun programa de acción turística ou a elección de “embaixadores” entre persoeiros vinculados ao concello.