IniciosociedadeO centro de saúde de Viveiro terá un médico e unha enfermeira...

O centro de saúde de Viveiro terá un médico e unha enfermeira máis desde o 1 de abril

A CIG atribúe o reforzo de persoal no ambulatorio viveirense á "denuncia e mobilización social"

Publicada o

- Advertisement -

A CIG-Saúde informou o pasado xoves a través dun comunicado que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) dotará dunha cuarta praza médica en quenda de tarde e unha cuarta enfermeira ao centro de saúde de Viveiro a partir do 1 de abril.

O sindicato felicítase porque a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) atendese unha petición realizada “hai máis dun ano, nunha xuntanza celebrada en Burela con Ramón Ares”. Unha nova que é “froito da denuncia pública e da mobilización social”, sostén.

A central celebra que a dotación aliviará a “sobrecarga asistencial”, pois en Viveiro “hai facultativos con máis 1.800 pacientes na súa cota”, con 4.714 tarxetas sanitarias na quenda de tarde para tres facultativos.

FISIOTERAPIA

Con todo, CIG-Saúde reitera a petición de mellorar o equipamento, cubrir as ausencias e baixas de profesionais desde o primeiro día, e de atención fisioterapéutica en Viveiro na quenda de tarde, xa que só hai un especialista en horario matinal.

Isto provoca, avisa a central, “agardas de espera de ata un ano”, o que se “agravou” coa ruptura do concerto do Sergas cunha clínica privada, a principios de ano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...