Estamos de aniversario: o Xornal da Mariña cumpre un ano con vós

O diario dixital publicou máis de 2.600 novas e arredor de 500 reportaxes nestes doce meses, nos que rexistrou máis de 700.000 visitas de 200.000 usuarios

As Catedrais, parte da Rasa Cantábrica que abrangue boa parte da Mariña Lucense. DEPUTACIÓN DE LUGO

No Xornal da Mariña estamos de cumpreanos. O diario dixital fai este 17 de maio, Día das Letras Galegas, un ano de vida.

Co respaldo de Galicia Confidencial, o Xornal da Mariña botou a andar nunha data especial, o Día das Letras do ano 2018, ao igual que os outros dous dixitais irmáns da provincia de Lugo, Lugo Xornal e Xornal de Lemos.

Ao longo destes doce meses, o diario electrónico fíxose cun oco con informacións sobre a actualidade política, social, económica e cultural da Mariña Lucense e o Occidente de Asturias. Publicamos máis de 2.600 novas, entre elas arredor de 500 reportaxes de fondo. Columnistas de referencia sumáronse á nosa sección máis nova, a de opinión.

Por suposto, ningún medio de comunicación ten sentido sen os lectores. Queremos agradecervos a vosa fidelidade. Recibimos, ao longo deste ano, máis de 700.000 visitas, de máis de 200.000 usuarios.

A mellor celebración é seguir informándovos, como non, en galego. Que teñades un feliz Día das Letras Galegas. Seguimos!

1 COMMENT

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here