Xacio Baño pregoará as festas de Xove, nas que actuará a Panorama

Cinco orquestras animarán as verbenas da localidade, do 29 de agosto ao 2 de setembro

A comisión organizadora e o alcalde Demetrio Salguerio na presentación do programa das festas. AXM

Xove prepara o inicio das festas patronais dedicadas a San Bartolo e á Virxe do Carme. A comisión presentou este venres o programa que inclúe unha vintena de actividades desde o 29 de agosto ata o 2 de setembro.

Os organizadores sinalaron que “tentaron reunir un abano de propostas diversas e para todos os grupos de idade, desde os máis novos ata os maiores”.

O cineasta xovense Xacio Baño, que se estreou como director de longametraxes con cinco premios Mestre Mateo para “Trote”, marcará o inicio dos festexos coa lectura do pregón (Salón de Actos do Centro Cívico, 20:00 horas).

PROGRAMA DIVERSO

Actividades de animación á lectura, exposicións e deporte comparten protagonismo coa música, prato forte das festas, con tres días de verbena coas orquestras La Oca Band, Satélites, Compostela, Trébol e Panorama. O venres á medianoite ofrecerá un concerto o grupo Claxxon.

Tampouco faltará a cita gastronómica, cunha sardiñada popular (20:00 horas) animada pola Charanga de Neda.

FEIRA DE SAN BARTOLO

A tradicional Feria de San Bartolo de San Isidoro do Monte en Penasagudas.

Cartel da Feira de San Isidoro de Monte. AXM

O gando cabalar e vacuno locirá nos certames do evento, organizado pola comunidade de veciños Costa de Laxamoura.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here