O reto da educación telemática: “isto foi unha labazada para o ánimo dos rapaces”

O profesorado cre fundamental garantir que ningunha crianza "atasque" neste proceso

Aula virtual. AXM

O coronavirus obriga o profesorado a botar a andar un novo modelo de educación asentado nos medios telemáticos. Esta reforma ‘exprés’ xera incertezas e abre fendas entre o alumnado, que nalgúns casos queda “desconectado” do sistema educativo.

O profesorado cre fundamental garantir que ningunha crianza “atasque” neste proceso. “Non podemos permitir que ningún estudante quede no camiño porque un virus descolocou as nosas vidas”, indica. Esta situación chegou como unha “labazada” ao estado de ánimo das crianzas, “que viron que o traballo bo que estaban facendo non se visualizou”, e por iso mesmo, Babarro apela a traballar en positivo cos recursos que se poñen á disposición do profesorado.

Tamén fai unha mención especial aos pais e nais, que, segundo indica, se atopan “desbordados” en moitos casos, xa que teñen que combinar o teletraballo coa necesidade de colaborar cos profesores para que as crianzas manteñan a actividade. A implicación, pois, na propia casa na que están confinados, debe ser moito maior por parte de todos os membros da familia neste contexto. Le a reportaxe completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here