InicioPolíticaMedran as renuncias a mesas electorais, 40 máis: "en tres xa se...

Medran as renuncias a mesas electorais, 40 máis: “en tres xa se recorreu a suplentes”

Proliferan as excusas de persoas que conviven con outras patoloxías que as colocarían nunha situación de risco, expón a Xunta Electoral de Mondoñedo

Publicada o

- Advertisement -

Familiares de persoas con algunha patoloxía ou dependencia e maiores de 65, que por lei non teñen obrigación de acudir, engrosan a listaxe de renuncias presentadas ante as xuntas electorais de zona para evitar participar nas mesas electorais dos comicios que se celebran o vindeiro domingo 12 de xullo.

“En principio non é algo moi esaxerado, pero aumentaron as escusas relacionadas coa Covid-19. En xeral, é o único que se está notando, por persoas que conviven con outras patoloxías, que as colocarían nunha situación de risco”, indicaron fontes da Xunta Electoral de Mondoñedo.

Tendo en conta que é A Mariña a zona de Galicia onde se produciu o rebrote máis significativo de coronavirus desde o fin do estado de alarma, rexistráronse ata o momento 40 escusas máis en relación a procesos anteriores nesta zona, que atende os municipios de Viveiro, Mondoñedo, Ribadeo, Ourol e todos os demais da Mariña. “Pero ata o día mesmo das eleccións poden presentala por causa sobrevinda, se de aquí ao 12 alguén se contaxia, por exemplo, ou ata o mesmo día”, indicaron as fontes consultadas.

Con todo, a Xunta Electoral Zonal garantiu que o próximo 12 de xullo se van “formar as mesas” electorais e revelou que xa se “sortearon dúas persoas de máis” para contar con máis reserva que en procesos electorais que non se celebraron no contexto sanitario actual. “Temos suplentes de último momento. As eleccións hai que garantilas como sexa”, indicaron estas mesmas fontes, que revelaron que “en tres mesas xa se recorreron aos suplentes” que se sortearon.

O patrón repítese ao longo de toda Galicia, onde se detectan “máis informes médicos” e maior número de persoas maiores de 65 anos que optaron por retirarse.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...