InicioOccidentalCervoAna Pontón aposta pola mediación do SEPI para pechar a venda da...

Ana Pontón aposta pola mediación do SEPI para pechar a venda da planta de Alcoa

O BNG escolleu Cervo para presentar a súa campaña de cara ao Día de Galicia.

Publicada o

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG visitou este sábado Cervo para presentar a campaña dos nacionalistas de cara á celebración do 25 de xullo. Así, aproveitou este acto para referirse a a situación pola que aínda atravesa a planta de Alcoa en San Cibrao.

Esta factoría é “un exemplo de libro de como as forzas estatais discriminannos impedindo que nos beneficiemos da nosa riqueza eléctrica”, advertiu Pontón, para seguidamente prometer que o Bloque seguirá “moi de preto” o encontro previsto para o luns entre a ministra de Industria, Reyes Maroto, e a dirección da multinacional.

Así, volveu a reclamar a intervención da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI): “O futuro pasa porque haxa unha mediación da SEPI nesa compra, porque moitos nos tememos que poderiamos estar ante outro fracaso como o vivido en Alcoa na Coruña, e sería unha irresponsabilidade por parte do Goberno do Estado e da Xunta permitir un novo fracaso”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...