InicioOccidentalViveiroA Xunta ve "inxusta" a situación de Vestas e apunta ao Goberno...

A Xunta ve “inxusta” a situación de Vestas e apunta ao Goberno para salvar a planta

Culpa a "política enerxética" do Executivo como orixe do peche da planta.

Publicada o

- Advertisement -

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, ve “claramente inxusta” a decisión de peche da fábrica de Viveiro que anunciou Vestas este luns, ante o que esixe “implicación” ao Goberno central para “reverter” a situación, a pesar de que as competencias, din dende o Goberno, corresponden á Xunta. Pola súa banda, Conde compromete “traballo conxunto” co comité de empresa e o Ministerio de Industria “para identificar cales son as posibilidades para poder reverter esta situación e sobre todo cales poden ser as posibilidades de manter o emprego”.

“Lamentablemente a decisión da empresa leva a unha situación límite aos traballadores. É unha situación claramente inxusta. Esperamos que haxa un cambio de actitude por parte da empresa e unha implicación por parte do Goberno”, destacou o vicepresidente económico e conselleiro de Economía este mércores.

Ao seu xuízo, son “as decisións de política enerxética” as que “están a levar a que en Galicia se estea producindo un desmantelamento industrial”, neste caso “de industrias vinculadas ao sector eólico”.

“Significa”, na súa opinión, “que a política enerxética non está a acompañar ás necesidades da política industrial”. “Non hai certidumbres e iso está a levar a que primeiro nas Somozas e hoxe en Viveiro esteamos a atravesar unha situación inxusta que Galicia non se merece”, incidiu.

Por iso, a Xunta vai reclamar ao ministerio “unha rectificación da política enerxética e que se poida implicar na procura de solucións para que se poida manter o emprego” de Vestas Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...